Venres... e xa vai quedando menos para a despedida...
Amanecimos cunha mañana con moi boa temperatura e sol, polo qiue aproveitamos para continuar coas nosas actividades! Kayak, vela, aula mariña, windsurf, paddle... coma de costume!
Coma é normal, xa a nosa rapazada comezou a acusar o cansancio, polo que ocorréusenos unha 💡 idea que resultou ter moi boa acollida entre os nosos acampadxs. Trala comida do mediodía, decidimos organizar unha sesión cine no tempo libre, para poder estar relaxado, vendo a película, ou simplemente botando unha sestiña previo ó seguinte Activa-T. Moitos rapaces e rapazas agradeceron esa horiña de calma e tranquilidade. 💕Como podedes comprobar, adaptámonos aos nosos acampadxs xa que traballamos por e para elxs!
Queremos tamén contarvos que a nosa rapaza foi perdendo roupa día tras día, é por iso que temos unha wakachina onde gardamos tódalas cousas extraviadas... é a golpe de venres estaba tal que así!
De cara á tarde, fixemos a cea no noso estupendo merendeiro ao aire libre 😉 de vez en cando, está estupendo introducir algún cambio de rutina! Ademáis, os nosos monitores decidiron facer unha performance imitándose una aos outros, e incluso o noso director fixo de acampado. 🤣 A verdade, é que foi un momento divertidísimo! 🤣
👏 Demos un forte aplauso aos nosos monitorxs! 👏