viernes, 19 de agosto de 2022

7º día -rematamos o día con pólvora! 🎆

 Bos días de xoves!

Seguindo co cronograma, Azukitas fixeron wake e aula mariña; Skibidis foi a paddle e wind; Calimeños practicaron vela e Carrozas a kayak. O tempo acompañaounos e foi unha xornada de náutica incríble!

Ademáis, os de kayak foron ata a praia de Sada... onde remataron pringados de barro. A pesar do noxo, pasáronno en grande (non só os pequenos, tamén os monitores) xogando co lodo, e temos imaxes que o demostran! 😜















Pola noitiña, a velada preparada foi a de B A S E S 💪 que consistía nunha longa historia...

Atopámonos en 1960 en plena Guerra Campamentil entre participantes e monitores, onde estes últimos, liderados polo comandante Montoto, atópanse nas súas trincheiras agardando a invasión dos acampadxs. 
Para evitar que sexan conquistados, os monitores terán que defender as bases repartidas pola instalación. 

Aínda que a situación estivo moi moi reñida, finalmente os acampadxs remataron por conquistar e vencer aos monitores ⚔ Bravo rapazada! ⚔

Pero o campamento está cheo cheiño de sorpresas e non ía ser menos esta noitiña! Ao rematar a velada, tiñamos un último agasallo preparado... levámolos á parte baixa do recinto... fixemos unha conta atrás e ... pum! 🎆f o g o s   a r t i f i c i a i s 🎇 ! Aproveitando que eran as festas de Sada, disfrutamos un ratiño antes de durmir coas luces e en compañía das novas amizades.





📰 As nosas últimas novidades

Vídeo de fin de quenda

 Aínda que tem os moitísimas cosas que contarvos, deixámosvos o vídeo de fin de quenda para que  rapazada poda disfrutalo en casiña ;) Click...