miércoles, 17 de agosto de 2022

4º día - 💥 explosión de creatividade! 💥

Comeza unha nova semana, e os xogos e diversión continúan en Gandarío ;) a pesar de que o cansancio xa comeza a facerse notar na nosa rapazada, sempre tiramos de batería para continuar coas dinámicas preparadas. 🛶

No día de hoxe, dividímonos en grupos para realizar: Carrozas foron a paddle e wind; Calimeños a Wake e Aula Marina; Azukitas  a Vela e finalmente, Skibidis a kayak. Como unha imaxe 📷 vale máis que mil palabras, deixámosvos un bo resumo a continuación 🎞!











Despois de almorzar, os nosos rapaces e rapazas puideron pasar a ver as puntuacións do noso 🐷🐽PORCÓMETRO🐷🐽. Con él, un monitor valora a limpeza e orden das habitacións... polo que unha puntuacións baixiña no porcómetro indica que deben arranxar toda a desfeita! Ao final do campamento, a habitación que acade a maior puntuación xeral, recibirá unha boísima recompensa para valorar o seu esforzo e pulcritude. 👏💪 ÁNIMO MOZIÑOS E MOZIÑAS! Aínda quedan días para mellorar 👏💪




Pola tarde, Carrozas foron a vela; Calimeños a kayak; Azukitas  a wake e aula marina e finalmente, Skibidis a paddle e wind.







De cara á noite, comezou a choiva e decidimos facer unha velada de 🎨🥁 carreira de creatividade 🎨🎼. Nela, presentábanse diferentes retos, e por grupos, deberían resolver o maior número deles e no menor tempo posible: adiviñar películas con mímica, adiviñar cancións mediante tarareos... menudas carreiras por chegar aos xueces!



O día rematou contando o conto e a nana. Sumamos outro día máis no campamento! Ata mañá!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

📰 As nosas últimas novidades

Vídeo de fin de quenda

 Aínda que tem os moitísimas cosas que contarvos, deixámosvos o vídeo de fin de quenda para que  rapazada poda disfrutalo en casiña ;) Click...