jueves, 18 de agosto de 2022

6º día - terror, terrorífico! 🔪🩸

 Boas! 👏

Pasando xa o ecuador da experiencia campamentil :) e aínda que nos estampos divertindo moitísimo, certo é que tamén comezamos a atoparnos cansos, cada día que pasa cóstanos máis e máis despertar da cama (e aos monitores tamén!)... pero unha vez superado ese primeiro momento, recargamos novamente as pilas 🔋🔋 no comedor co almorzo!

No día de hoxe, dividímonos da seguinte maneira: Skibidis foron a Kayak; Azukitas a Vela; Carrozas a Windsurf y Paddle; Calimeños a aula mariña e wake. 🤿 Aínda que o tempo estivo algo revolto, igualmente aproveitamos a mañá e a tarde na auga e na praia.







+









Ademáis, algúns dos nonos rapaces e rapazas, quixieron aproveitar para recoller cunchas 🐚 e basoira das nosas praias. Neste campa, estamos moi concienciados co cuidado do medio ambiente, e interésanos aproveitar estos días para facer batidas coa rapazada co obxetivo de limpar a praia de plásticos e outros materiais non biodegradables. Son experiencias altamente enriquecedoras e sensibilizantes coa natureza 🍂🌲. Encántanos ter mocidade con tan favorables motivacións!




Pola noitiña, tocou o turno da velada máis esperada de todas... 👹T E R R O R!👹 Onde máis de un e unha pasou medo de verdade! ☠️👻

Deixámosvos por aquí algúns dos vídeos destes días: ¡disfrutádeos! 🚀 Ata a próxima 🚀 


5º día - ☔ A choiva non poderá con nós!

Novas aventuras aquí por Gandarío! 🛶

As previsión meteorolóxicas non foron nada positivas o luns pola noite... eso fixo que o martes non puidésemos disfrutar das nosas actividades náuticas. Tivemos cambio de plans pero, ¡eso non foi un problema! Trocamos o mood e puxémonos manos á obra con actividades e xogos en terra.



Ademáis, aproveitamos para dar as puntuacións do MOTIVÓMETRO 👍. Que de qué se trata, preguntarédevos? O motivómetro mide o bó funcionamento dos grupos de actividades, no que se valoran tres aspectos: a enerxía do grupo (participación na actividad, etc), a organización do grupo en canto á recollida de material, neoprenos, obxetos da praia... e o terceiro punto valora o respeto tanto cara a compañeiros coma aos monitorxs. O certo é que tódolos grupos estano a facer moi ben, pero sempre se pode mellorar!
As medicións facémolas con estas botellas (cada cor pertence a un grupo) e un mural coa puntuación acadada.


Así pois, preparamos o salón de actos para dar cabida aos nosos rapaces e rapazas, e dar comezo aos GANDAXOGOS🏓🎲🃏 , no que compiten entre sí os grupos realizando diferentes probas. Algunhas das probas foron a carreira de gusanos, o teléfono estropeado con mímica,etc... 
Despois tivemos un pequeno descanso, onde aproveitamos para merendar e beber auga. O seguinte xogo foi un Bingo Guarro, unha yinkana con probas de ensuciarse e sobretodo, pasárselo xenial!

Trala cena, leimos o buzón, fixemos a lista campista... e finalmente, de cara á noite, a nosa velada foi un furor por equipos. Un día completo para por un soriso a pesar da choiva no exterior!





📰 As nosas últimas novidades

Vídeo de fin de quenda

 Aínda que tem os moitísimas cosas que contarvos, deixámosvos o vídeo de fin de quenda para que  rapazada poda disfrutalo en casiña ;) Click...