martes, 16 de agosto de 2022

3º día - recuperamos as chaves dos templos! 🗝

Hoxe despertamos dando os bos días á terceira xornada nas nosas instalacións de Gandarío 👋

Ao amencer, o ceo turnouse grisáceo; sen embargo, tralo almorzo, deunos unha tregua e o sol parecía querer saír. Perfecto! Así que animámonos e coma de costumbre, cargamos as nosas cantimploras de auga, preparamos as nosas mochilas e baixamos á praia. Repartímonos nos grupos para comezar coas actividades náuticas.




Trala comida, chegou o momento de repartir os móviles, onde a rapazada puido estar en contacto coa vida do exterior do campamento 📱.

Máis tarde, realizamos o Activa-T e para continuar cos xogos, trocamos as actividades náuticas xa que a previsión meteorolóxica non era boa, de maneira que xogamis ao MarioKART. A rapazada debía xogar co dado nun taboleiro central e segundo a casilla, xogarían a unha posta ou otra. 


De cara á noite, trala cea, limos algunas das cartas que deixaron no noso canguro. Que por certo, volo imos presentar! É unha das dinámicas do campamento: temos un canguro que recolle as cartas que os acampados deixan para ler en público ao final de día. Así pois, os acampados dan as grazas ao equipo de cociña, aos monitores, felicitan aos seus amigos, escriben algunha declaración de amor... 💌 é un momento divertidísimo! 💌


A continuación, tocou o momento da velada: hoxe tiñan que axudar a Cleopatra (coñecida no noso campamento coma Cleojuanca) a recuperar as chaves dos templos sagrados, que se atopaban desperdigadas pola instalación. Pero no medio, a rapazada tería que escapar dos capturadores e, se eran capturados dúas veces, deberían ir ao templo de Ramsés a realizar unha proba. O resultado da velada foi espectacular! E estes rapaces corren coma demos!



E ata aquí a xornada de hoxe ;)

📰 As nosas últimas novidades

Vídeo de fin de quenda

 Aínda que tem os moitísimas cosas que contarvos, deixámosvos o vídeo de fin de quenda para que  rapazada poda disfrutalo en casiña ;) Click...