Bos días! 🙂
O venres foi un día de moitísimas emocións: recibimos aos rapaces e rapazas a partir das nove da mañá, e xa puidemos comprobar que a máis de un e de unha, costoulle un mundo saír da cama! 😴 Pero doutra banda, tamén respirábase o nerviosismo daqueles inquedos por coñecer a eses compañeirxs e monitorxs que estarán acompañándonos de cara a estes próximos dez días en Gandarío... inquedanza efímera, que desúpeto desapareceu cando os monitorxs de tempo libre animáronnos a facer xogos de grupo.
Tralo xantar, foi o momento de prestar atención á primeira charla do equipo: nela, explicamos as normas da instalación, os horarios, as distribucións dos grupos de actividades, etc... e ademáis, fixemos o simulacro de evacuación da instalación. A seguridade é unha das nosas prioridades❗❕
Para continuar coa tarde, aproveitamos para realizar a proba de natación dos nosos acampadxs (sí, ese foi o primeiro chapuzón do campamento) e deseguido, regresamos para ducharnos e cear.
Finalmente, demos comezo á primeira velada do campamento: ⭐🥾O CAMIÑO. Trátase dun xogo baseado no Camiño de Santiago, onde a rapazada organízase en grupos e leva unha libretiña onde se les selan as compostelanas a medida que acadan as distintas postas dos monitores.
Doutra banda, os monitores ataviáronse ben de persoaxes típicos da historia de Santiago de Compostela, ou ben de peregrinos.
Foi realmente divertido. Serviunos para coñecer tanto xente nova como a maravillosa instalación de Gandarío.
Para rematar o día, despedímonos cun conto didáctico e cunha nana. Mañá máis e mellor! Deica logo! 👋