sábado, 20 de agosto de 2022

8º día - ceamos ao aire libre 🌳

 Venres... e xa vai quedando menos para a despedida...

Amanecimos cunha mañana con moi boa temperatura e sol, polo qiue aproveitamos para continuar coas nosas actividades! Kayak, vela, aula mariña, windsurf, paddle... coma de costume!




Coma é normal, xa a nosa rapazada comezou a acusar o cansancio, polo que ocorréusenos unha 💡 idea que resultou ter moi boa acollida entre os nosos acampadxs. Trala comida do mediodía, decidimos organizar unha sesión cine no tempo libre, para poder estar relaxado, vendo a película, ou simplemente botando unha sestiña previo ó seguinte Activa-T. Moitos rapaces e rapazas agradeceron esa horiña de calma e tranquilidade. 💕Como podedes comprobar, adaptámonos aos nosos acampadxs xa que traballamos por e para elxs!













Queremos tamén contarvos que a nosa rapaza foi perdendo roupa día tras día, é por iso que temos unha wakachina onde gardamos tódalas cousas extraviadas... é a golpe de venres estaba tal que así! 



De cara á tarde, fixemos a cea no noso estupendo merendeiro ao aire libre 😉 de vez en cando, está estupendo introducir algún cambio de rutina! Ademáis, os nosos monitores decidiron facer unha performance imitándose una aos outros, e incluso o noso director fixo de acampado. 🤣 A verdade, é que foi un momento divertidísimo! 🤣


👏 Demos un forte aplauso aos nosos monitorxs! 👏





No hay comentarios:

Publicar un comentario

📰 As nosas últimas novidades

Vídeo de fin de quenda

 Aínda que tem os moitísimas cosas que contarvos, deixámosvos o vídeo de fin de quenda para que  rapazada poda disfrutalo en casiña ;) Click...