jueves, 18 de agosto de 2022

5º día - ☔ A choiva non poderá con nós!

Novas aventuras aquí por Gandarío! 🛶

As previsión meteorolóxicas non foron nada positivas o luns pola noite... eso fixo que o martes non puidésemos disfrutar das nosas actividades náuticas. Tivemos cambio de plans pero, ¡eso non foi un problema! Trocamos o mood e puxémonos manos á obra con actividades e xogos en terra.



Ademáis, aproveitamos para dar as puntuacións do MOTIVÓMETRO 👍. Que de qué se trata, preguntarédevos? O motivómetro mide o bó funcionamento dos grupos de actividades, no que se valoran tres aspectos: a enerxía do grupo (participación na actividad, etc), a organización do grupo en canto á recollida de material, neoprenos, obxetos da praia... e o terceiro punto valora o respeto tanto cara a compañeiros coma aos monitorxs. O certo é que tódolos grupos estano a facer moi ben, pero sempre se pode mellorar!
As medicións facémolas con estas botellas (cada cor pertence a un grupo) e un mural coa puntuación acadada.


Así pois, preparamos o salón de actos para dar cabida aos nosos rapaces e rapazas, e dar comezo aos GANDAXOGOS🏓🎲🃏 , no que compiten entre sí os grupos realizando diferentes probas. Algunhas das probas foron a carreira de gusanos, o teléfono estropeado con mímica,etc... 
Despois tivemos un pequeno descanso, onde aproveitamos para merendar e beber auga. O seguinte xogo foi un Bingo Guarro, unha yinkana con probas de ensuciarse e sobretodo, pasárselo xenial!

Trala cena, leimos o buzón, fixemos a lista campista... e finalmente, de cara á noite, a nosa velada foi un furor por equipos. Un día completo para por un soriso a pesar da choiva no exterior!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

📰 As nosas últimas novidades

Vídeo de fin de quenda

 Aínda que tem os moitísimas cosas que contarvos, deixámosvos o vídeo de fin de quenda para que  rapazada poda disfrutalo en casiña ;) Click...