Ola Ola! Por aquí adéntrámonos nun novo día de campamento.
Esta mañá amencimos cun día espeso de néboa, que aos poucos, foi levantando. Pero iso non nos amedentrou e continuamos coa nosa programación para esta nova xornada.
Así pois, tras espertar e almorzar, dímoslle movemento ao noso corpo cun Activa-T. Trátanse dunhas coreografías que bailamos coa rapazada para quentar a nosa musculatura 💪 desta maneira, buscamos desperezarnos ao mesmo tempo que previmos posibles lesións. Un día de Gandarío implica moitísima actividade física e temos que estar preparadxs para todo.
Logo repartímonos en grupos e diríximos á praia para iniciarnos nos deportes de auga ⛵; deste xeito, o grupo de Azukitas foron a Wake e Aula Marina; Skibidis practicaron paddle e wind; Carrozas a vela e finalmente, Calimeños a Kayak.
Pola tarde, Carrozas fixeron wake e aula marina; Calimeños foron a paddle e wind; Azukitas a kayak e Skibidis a vela. Aínda que algún e algunha xa tiña experiencia nas actividades, o certo é que maioría tiveron a súa primeira experiencia cos deportes acuáticos... e para ser o primeiro día, non estivo nada que nada mal 😊
Despois, tocou a momento de ducharnos, cear, cepillarnos os dentes e finalmente, disfrutar da segunda velada; nesta ocasión, xogamos ao 🐟🐺 Centro de recuperación de animais🐟🐺 : tres científicos viñeron pedir axuda aos nosos acapadxs para tratar de salvar aos animais feridos do recinto. Para elo, debían capturalos formando un círculo ao seu redor, e levalos en volandas ata o lugar indicado do centro de recuperación. Unha vez alí, dependendo do estado de saúde do animal, recibirían unha puntuación ou outra: se o animal se atopaba moi grave, a puntuación sería máis alta. Todos fixeron un grandísimo traballo e involucráronse moitísimo no traballo en equipo para lograr un éxito común ;)
Finalmente, rematamos o día contando un conto e desexámonos boas noites coa nana do campamento.
Deica o próximo post!
No hay comentarios:
Publicar un comentario